Dia 1:
¡Benvidos ás Sinas!
Expectantes, nerviosos, ilusionados e sobre todo coa maleta cargada de moitas ganas de pasalo ben… así recibimos hoxe aos acampados da primera quenda do albergue xuvenil As Sinas 2019.
Xogos, dinámicas de presentación, algunha que outra norma e por suposto unha proba dde natación… Superada!
E entrada a tardiña, coa chegada dos nosos compañeiros/as do País Vasco xa temos o grupo completo… Ongi etorriak!
E por hoxe isto é todo. Boas noites e mañan máis e mellor!
Comentarios
Publicar un comentario